30,00 €
Se o pago do curso non o realiza directamente o alumno ou alumna, pregamos que no apartado “Notas do pedido” se estipule:
Nome completo do inscrito ou inscrita.
Data de nacemento do inscrito ou inscrita.
DNI do inscrito ou inscrita.
Email de contacto do inscrito ou inscrita.
Club de orixe (de existir).
O Curso de iniciación a arbitraxe 2026 – 2027 consta dun total de 10 horas de formación básica, que se distribuirán en 3 módulos diferenciados e que se complementarán unha vez rematado o curso co seguimento e formación continua por parte dos técnicos arbitrais zonais designados para continuar co proceso de crecemento e desempeño dos novos árbitros e oficiais de mesa CGAB.
O Curso ten unha cota de inscrición de 30 euros (inclúe o pago da licenza FGB). Posteriormente, unha vez superado o curso, o alumno deberá aboar:
– O Seguro deportivo obrigatorio.
– Uniformidade.
Duración: 4 horas (común para árbitros/as e oficiais de mesa).
Realizarase de forma flexible a partir do 24 de agosto a través da Plataforma Online do CGAB. Este módulo deberá completarse (incluíndo as 4 horas máis un exame – non eliminatorio-) con carácter previo á realización do Bloque 2.
Duración: 4 horas
Deberá elixirse a sede na que se realizará esta formación, ligada tamén ésta a unhas datas determinadas.
– 29 de agosto: A Coruña, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo.
– 5 de setembro: Ferrol, Lugo e Pontevedra.
– 13 de setembro: A Coruña, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo.
– 19 de setembro: Ferrol, Lugo e Vilagarcía de Arousa.
– 26 de setembro: o CGAB habilitará unha derradeira convocatoria presencial en calquera das 8 locacións que presente un número mínimo de 10 colexiados (árbitros ou oficiais de mesa) para a súa realización.
Duración: 2 horas
O PRAZO DE INSCRICIÓN ESTENDERASE ata unha data diferente en cada caso, en función do Módulo 2.