Curso Adestradores Nivel 2 2026 – 2027

Category

500,00 €

FASE PRESENCIAL – DE ASISTENCIA OBRIGATORIA

A fase presencial do Curso realizarase visitando a Academia Galega de Seguridade Pública, no Concello de A Estrada, baixo a seguinte planificación:

2 e 3 de xaneiro de 2027.

9 e 10 de xaneiro de 2027. 

1 e 17 de maio de 2027.  

FASE ONLINE – DE ASISTENCIA OBRIGATORIA

Realizarase a través da Plataforma online da Escola Galega de Adestradores.

As datas completas da formación online, así como a estrutura didáctica do curso, poden consultarse ao completo Guía Didáctica Nivel 2 2026 – 2027

COTA DE INSCRICIÓN

A cota de inscrición por persoa é de 500 € (correspondentes estritamente á formación).

A inscrición pode realizarse por dúas vías:

– As persoas que se inscriban e abonen o curso de xeito particular e individual deben tramitar o proceso a través da nosa TENDA FEGABA para as accións formativas. 

– Aqueles adestradores cuxa inscrición e abono da mesma se realice a través do seu club, deberán enviar a adestradores@fegaba.com o xustificante de pago e a reseña dos seus correspondentes datos persoais (Nome completo, DNI, data de nacemento, email de contacto do alumno e club de orixe). A conta de ingreso neste caso é: ES96 2100 1455 14 0200227406. 

Ante dúbidas e consultas neste proceso o email de contacto é egadestradores@fegaba.com 

PRAZO DE INSCRICIÓN

O prazo de inscrición remata o 23/12/26 ás 12:00 h.

 

Descripción

Se o pago do curso non o realiza directamente o alumno ou alumna, pregamos que no apartado “Notas do pedido” se estipule:

Nome completo do inscrito ou inscrita. 

Data de nacemento do inscrito ou inscrita.

DNI do  inscrito ou inscrita. 

Email de contacto do inscrito ou inscrita. 

Club de orixe (de existir).